Saltar ao contido

Natalia Raña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNatalia Raña
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Ordes, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntriatleta, ciclista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportetríatlon Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsIván Raña Editar o valor en Wikidata

Natalia Raña Fuentes, nada en Ordes o 15 de marzo de 1978, é unha deportista galega.

Ten competido en numerosas disciplinas, entre elas natación, atletismo, ciclismo, dúatlon e tríatlon, chegando a participar na Copa do Mundo de Tríatlon e en Ironman. É irmá do campión do mundo de tríatlon Iván Raña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou na natación en Santiago de Compostela, adestrando no Club Natación Santiago, xunto ao seu irmán máis novo Iván.[1][2] A mediados dos anos 90 gañou xa varias carreiras pedestres como a Carreira Popular do Barbanza de 1994 ou a pedestre de Neda do mesmo ano,[3][4] e por influencia de seu irmán comezou a competir en tríatlon, logrando tamén varias vitorias en Galicia.[5][6]

En 1996 proclamouse campioa galega de tríatlon despois de lograr a vitoria en varias probas, e revalidou o título ao ano seguinte.[7][8][9][10][11] No ano 1998 proclamouse subcampioa de España júnior, mentres que ao ano seguinte quedou terceira e sétima absoluta. En 1999 disputou o seu primeiro tríatlon internacional, nunha proba da Copa de Europa en Graus, competición que seguiu disputando durante os seguintes anos, destacando o oitavo posto absoluto en Alanya (Turquía) en 2001 e a medalla de bronce nos Azores no 2002.[12] Tamén en 2002 disputou as súas primeiras probas da Copa do Mundo, en Tiszaujvaros (Hungría) e Niza.[13]

En 2003 conquistou co equipo galego o Campionato de España por Autonomías,[14] e en 2004, despois de proclamarse campioa universitaria de España, gañou co equipo español o Campionato do Mundo Universitario de Tríatlon, mentres que quedou décima na proba individual.[13] Tamén ese ano proclamouse campioa galega de dúatlon e subcampioa de España de Ácuatlon.[15][16]

En abril de 2005 foi a primeira galega en gañar a media maratón Vig-Bay. entre Vigo e Baiona, cun tempo de 1:21:10.[17] Un mes despois na Coruña proclamouse subcampioa galega de 10.000 metros.[18] En 2009 gañou co Ría Ferrol a medalla de ouro en 3.000 metros no Campionato Galego de Clubs celebrado en Vigo.[19]

En 2009 gañou por diante de Saleta Castro o Tríatlon Cidade de Pontevedra, disputado na modalidade de cros,[20] e en 2011 quedou terceira no Campionato de España de Dúatlon e participou no Campionato do Mundo de Tríatlon Cross, obtendo o 14º posto.[21][22] Ademais, instalada en Madrid,[23] proclamouse tamén campioa da Comunidade de Madrid de tríatlon, subcampioa galega de campo a través e cuarta no Campionato de España de Ácuatlon.[24][25] [26] En 2012 gañou co seu equipo, o C.T. Diablillos de Rivas, a Copa do Rei de Tríatlon.[27]

Pasou logo ao tríatlon de longa distancia e en 2013 competiu no Ironman de Lanzarote, quedando en 24ª posición.[28] En 2020 competiu no Campionato de España de Ciclocross, logrando a medalla de ouro na categoría de -40.[29]

  1. "Entrevista a Natalia Raña" (en castelán). 27 de xullo de 2015. Consultado o 8 de abril de 2020. 
  2. "El Club Natación Santiago está preparado para los nuevos éxitos". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de novembro de 1995. p. 57. 
  3. "La Popular do Barbanza tuvo color local en las categorías inferiores". La Voz de Galicia (en castelán) (Barbanza ed.). 9 de xuño de 1994. p. 52. 
  4. "Miguel Mayan, del New Balance, se adjudicó la pedestre de Neda". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 16 de xuño de 1994. p. 49. 
  5. "Xabier Isasti y Natalia Raña ganaron el triatlón del INEF". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de maio de 1995. p. 57. 
  6. "Javier Isasti ganó el trofeo Fiestas del Rosario". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de outubro de 1995. p. 54. 
  7. "Comenzaron los campeonatos gallegos". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xuño de 1996. p. 59. 
  8. "La emoción duró hasta el final en la quinta edición del triatlon de Celeiro". La Voz de Galicia (Lugo ed.). 14 de xullo de 1996. p. 48. 
  9. "Cuarto edición del Triatlón Concello de Oleiros". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de setembro de 1996. p. 54. 
  10. "Marcial Romero ganó el Duatlón Universidad de Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xuño de 1997. p. 65. 
  11. "Caión acogerá el sábado la prueba gallega de triatlón". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 9 de xullo de 1998. p. 44. 
  12. "Clasificación Praia de Vitoria de 2002". triathlon.org (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  13. 13,0 13,1 "Resultados internacionais de Natalia Raña". triathlon.org (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  14. "Galicia se confirma como una de las potencias de triatlón". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xullo de 2003. p. 35. 
  15. "Jorge López y Natalia Raña conquistaron el Campeonato Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de maio de 2004. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  16. "Histórico Campionato de España de Ácuatlon" (PDF). triatlon.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2018. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  17. "Pablo Korir se proclama ganador de la Vig-Bay". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo ed.). 11 de abril de 2005. p. 52. 
  18. "Jesús de la Fuente, campeón gallego en 5.000 metros". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de maio de 2005. p. 50. 
  19. Campionato Galego Absoluto de Clubs
  20. "Raña arrebata a Saleta Castro el Cidade de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 17 de agosto de 2009. p. 45. 
  21. "Salió todo perfecto en el fin de semana del Campeonato de España de Duatlón de Soria" (en castelán). 19 de abril de 2011. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  22. "Clasificación feminina tríatlon cross Extremadura 2011". triathlon.org (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  23. "Entrevista a Natalia Raña" (en castelán). 27 de xullo de 2015. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  24. "Jose Almagro y Natalia Raña Campeones de la copa Comunidad de Madrid de Duatlón de 2011" (en castelán). 27 de outubro de 2011. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  25. "Lugo brilla en el Gallego de campo a través". El Progreso (en s). 31 de xaneiro de 2011. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  26. "Gómez Noya gana el Campeonato de España de Acuatlón". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xullo de 2011. p. 40. 
  27. "El club Diablillos de Rivas vence en la Copa del Rey de triatlóncopa-del-rey-de-triatlon/" (en castelán). 9 de xullo de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  28. "Clasificación Ironman Lanzarote 2013" (PDF). clublasanta.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2020. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  29. "Estreno "de oro" para Galicia en el Campeonato de España de Ciclocross". Pontevedra Viva (en s). 11 de xaneiro de 2020. Consultado o 13 de novembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]